HISTORIA

 

A historia da parroquia de Salcedo ben determinada de forma moi significativa pola actitude combativa que en todos os tempos mantiveron os veciños na defensa dos seus dereitos e liberdades.
Decidimos inserir en esta Web unha serie de conflitos que forman parte da nosa historia e  que pola súa transcendencia, consideramos deben ser coñecidos en toda a súa profundidade para en forma de homenaxe  facer xustiza a todas aquelas persoas que tiveron a valentía e o coraxe de pelexar por unha sociedade máis xusta.

 

MOVEMENTOS ASOCIATIVOS DE 1892 A 1936 E CONFLITO SANGUENTO DE 1894.


Queremos agradecer ó historiador Xosé Álvarez Castro o permitirnos inserir en esta serie, o  gran traballo de investigación que recolle o nº 18 da revista CEDOFEITA realizado sobre un dos acontecementos máis sanguentos  sufridos en Salcedo  o 19 de xuño de 1894 e o movemento asociativo dende o seu comezo  en 1892 ata a guerra civil do 1936.

Triunfante o golpe militar de 1936, o un de agosto, un grupo de gardas civís e “cívicos” mandados polo alférez de Guardia Civil Francisco Muñoz efectuou un rexistro no domicilio do dirixente agrario Gumersindo Estévez; o obxetivo era a captura do seu fillo Genaro, comunista, que sería detido máis tarde e fusilado tras un consello de guerra. Entre a documentación incautada había unha serie de escritos que son significativos para a historia do movemento asociativo dos agricultores de Salcedo. A partir deles, iniciamos unha investigación sobre o nacemento e feitos máis significativos da sociedade de agricultores desta parroquia.


O primeiro que chamou a nosa atención foi a existencia dunha relación cos nomes dos fundadores da sociedade e dos compañeiros máis significativos e nela aparece como presidente , no ano 1892, Martín Pintos Lucas; sorprende a data porque todos os estudosos do agrarismo galego sitúan no ano 1896 a data na que se fundan as primeiras sociedades deste tipo: as de Lérez e Marcón e datan a de Salcedo no 1897 e así consta no libro rexistro de asociación, no que aparece como legalizada o 2 de xuño daquel ano. O obxectivo do listado que mencionamos era facer un acto de homenaxe a estas persoas en novembro de 1935.


Na relación citada aparecen como organizadores ou presidentes: Martín Pintos Lucas, Lorenzo Montes, Santiago Sanmartín , Antonio Sousa[Balchada Sousa?], Juanjo Piñeiro, Ignacio da Pena; como secretarios: Antonio Carragal e Manuel Acuña Pena e , sen especificar condición, Manuel Regueira, e Francisco Soto.


Situemonos no ano 1892: estamos nunha época de crise; por unha banda temos a crise política debida a que o sistema turnista da Restauración borbónica daba síntomas de esgotamento e cobraban ímpeto movementos sociais e políticos como o republicanismo, socialismo, sindicalismo obreiro...As leis de asociación (1887) e de sufraxio universal masculino (1890) propician a organización de sectores como o obreiro e o agrícola. Por outra banda, a crise económica, que se fai notar moito no sector agrario debido a que os avances nos transportes e nas técnicas de conservación de alimentos posibilitan que os productos (cereais, carne) procedentes de América e Australia compitan en condición vantaxosas cos europeos. Galicia sofre esta crise co aumentodo prezo do millo e coa perda do mercado inglés para a nosa carne, xa que eran máis baratos os becerros americanos. Debemos sumar a este panorama a extensión da praga da filoxera que arrasa os viñedos galegos.


Aumentan os impostos e tanto republicanos como socialistas utilizan a situación para facer proselitismo entre o campesiñado para que, imitando ao movemento obreiro, se organicen para facer fronte de mellor maneira á situación. Na nosa zona, a dobre condición de obreiros e campesiños de moitos habitantes dos arredores facilitou o movemento asociativo.


Na capital teñen lugar, en 1892, os motíns contra a imposición dun novo consumo ao leite e o aumento do arbitrio dos peixes; as regateiras da praza e as leiteiras, co apoio dos campesiños, asaltaron o fielato do Burgo o 22  de xullo. Impúxose a lei marcial e o concello veuse obrigado a suprimir o aumento dos citados impostos. Os partidos políticos opositores aproveitan os sucesos para atacar o goberno conservador; tanto republicanos como socialistas utilizan a loita contra os impostos e contra o caciquismo para organizar sociedades que se movan na súa órbita.

Pero o conflicto máis grave tería lugar en Salcedo en 1894. O 19 de xuño daquel ano, pola mañá, chegaron ao lugar de Campo da Porta tres axentes encargados da cobranza das cédulas arrendadas ao señor Ferreirós; os axentes eran José Caramés, Anrés Rodríguez e José Benito Cochón, este último estaba moi mal visto entre os campesiños polas súas actuacións.

Viñan acompañados por unha parella da Guardia Civil. A chegada da comitiva produciu gran excitación entre paisanos por considerar abusivos e injustos los procedimientos de cobranza, siendo los agentes maltratados. Os recadadores fuxiron e puxéronse a salvo refuxiándose na casa do concelleiro da parroquia señor Salgueiro e os gardas volveron ao cuartel para informar do sucedido.


Os xornais recollen  diversos testemuños nos que se afirma que os axentes deo arrendo cometían toda caste de tropelías e desmáns: entregábase unha cédula e cobrábanse tres, enganábase aos agricultores dándolle cédulas dos exercicios anteriores,se le embargaba sin autorización lo que les era más querido, hasta el pote del caldo...Sin ley ni regla fija para todos y sujetando a los paisanos al despótico capricho del fatalísimo Cochón.


O xornal El Criterio Gallego afirma que, como o pobo tiña gran prevención sobre os axentes cobradores, propoñíase darlles unha boa lección sacudiéndoles el polvo, y despejarle de toda la ropa e inutilizarla por completo para que regresase a Pontevedra sólo con la camisa. El Eco de Galicia precisa máis o sucedido nesa mañá, no senso de que os debedores negáranse ao embargo dunha vaca e dun pote pola débeda de cédulas orrespondentes a dous anos e por un impore de máis de 60 pesetas. Afirma que chegaran a reunirse máis de cen veciños, que foran convocados mediante bucinas.


Á unha e media da tarde sae dende o cuartel pontevedrés con destino a Salcedo o tenente Roldán con once gardas e coa misión de rescatar os recadadores e impoñer a orde.


Algunha versión popular di que os gardas pasaron antes a beber nunha taberna, romperon as cuncas contra a parede ao rematar e que ían xa predispostos a actuar con dureza, outras afirman que algúns veciños deran un golpe na cabeza ao tenente e que outros intentaran desarmar os gardas; tamén se conta que os gardas foron recibidos a pedradas pola multitude. O xornal barcelonés La Vanguardia cualifica os sucesos de motín e asegura que la multitud agredió a loe recaudadores y a los guardias civiles que les acompañaban.La agresión hizo necesario el empleo de las armas, resultando de la colisión dos hombres y una mujer muertos, tres heridos y muchos detenidos.


Os mortos foron Francisco Piñeiro, José Rodríguez Rial e Manuela Couso; esta última tiña un neno nos brazos cando recibiu o balazo e atopábase encinta. Cando lle practicaron a autopsia algún xornal apuntou os rumores de que no seu seo atoparon un feto de sete meses, aínda con vida, pero que morreu ás pocas horas; tamén sinalan que os resultados indicaban que as feridas dos cadáveres demostrarían que os disparon foron feitos polas costas e tiñan orificios de saída no frontal e no parietal esquerdo. Entre os feridos atopábanse dúas irmás da falecida: María e Benita, a primeira cun tiro na cara e a segunda cn culatazo na cabeza; o seu pai sufriu un forte trastorno mental tras o sucedido.Tanto mortos como feridos foron trasladados ao Hospital.


Os gardas civís feridos foron: José Iglesias, na perna dereita por un pau ou unha pedra; Gerardo Conde Rodríguez, na cabeza e no brazo esquerdo; ao fusil do garda Eduardo Alonso rompéronlle unha peza ao intentar amparar un golpe de aixada sobre o tenente e o sarxento Hermógenes López tiña a levita atravesada por unha navallada.


A nova do sucedido chegou ao xulgado pontevedrés ás catro da tarde. Os veciños que deron parte foron detidos e encarceados, eran: Manuel Gallego López, alcalde de barrio;José Blanco Pintos; Ignacio Pintos Acuña, Manuel González Pintos, José Carabelos Fernández e Manuel Rial Acuña. Á última hora da tarde detiveron a Benito García Piñeiro por ser dos que tocaran as bucinas para convocar a xente.


O xuíz municipal, señor Boullosa, instrúe as dilixencias que dan como resultado dous sumarios: un por desacato e ameazas aos axentes do arreando das cédulas e outro por atentado á Guardia Civil. O comandante da Guardia Civil tamén instrúe sumario e nomea instrutor ao capitán Francisco Blázquez Parra e secretario ao garda segundo Antonio Morales.


Nos días posteriores, os xornais criticaban a actitude do concelleiro Salgueiro indicando que marchara para Vigo o día dos sucesos a pesar de saber que algo iba a ocurrir e piden que non volva ao concello. La Correspondencia Gallega asegura que os campesiños de Salcedo non eran responsables nin tiñan a máis insignificante culpa dos feitos e que se opuxeran e amotinaran cheos de razón e orfos da xustiza, porque xa non se trataba do cobro dun imposto ilexítimo, senón das espoliacións e dos roubos máis escandalosos segundo se dicía publicamente.


Na documentación referida ao principio do artigo podemos atopar máis datos sobre as circuntancias dos feitos:Lorenzo Montes del lugar de Virrete organizador y de los primeros presidentes de La Sociedad de Agricultores de esta parroquia, luchador incansable y defensor de los derechos Sociales y Agrarios en contra del Cacique asoballador, Médico, prestamista, diputado de laos más influyentes contra las sociedades en que aquel tiempo se acababan de dictar la ley de asociaciones.Este cacique en unión de otros no le permitía sociedad en esta parroquia a lo que Lorenzo Montes con otros valientes compañeros se alzaron contra el cacique y cimentaron esta sociedad que hoy existe, a pesar de muchas persecuciones nunca se disolvió ni dio de baja. A reíz de esto Lorenzo Montes fue perseguido, procesado y saborear las piedras de la cárcel, le embargaron un cerdo y varios objetos por cédulas teniendo las cédulas en su poder pagas. A raíz de esto fueron ocasionadas las víctimas de Campo da Porta y muchos más embargos a vecinos que eran socios de esta sociedad.Continúa o escrito co relato das actividades de Lorenzo na loita anticaciquil participando en mitins electorais no Morrazo e conseguindo que o cacique fose derrotado. Non valeron nin as ameazas nin as mañas do cacique para atraelo ao seu bando ata que o cacique logrou poñer unha xunta directiva da súa corda na sociedade, esta xunta perseguiu e boicoteou a Montes ata que lograron reconquistar a sociedade, en unión de Martín Pintos, Antonio Balchada e outros.


Aparece así o nome dun dos embargados e apúntase como causa da súa situación os manexos caciquís contra os que lle opoñían resistencia, e tamén se sinala a existencia por aquelas datas da sociedade agrícola. Dálle veracidade ao escrito o feito de ser práctica corrente dos caciques en distintas zonas a de recargar os consumos aos dirixentes agrarios, presentar todo tipo de denuncias contra eles para desanimalos ou captar a membros das sociedades que, renunciando ás súas conviccións, se prestasen aos manexos caciquís contra os seus compañeiros.


A Gaceta de Galicia relataba o enterro das vítimas:Después de las cinco de la tarde salieron del Hospital los tres féretros encerrando los cadáveres de las víctimas. Era una comitiva severa y tristísima. Las tres cajas negras y sencillas y conducíanlos en hombros paisanos de Salcedo. As cintas dos féretros levábanas labradores de Salcedo, seguían dous curas e a presidencia da comitiva marchando detrás dun xentío inmenso con moitas persoas de Pontevedra; mulleres veciñas das vítimas lloraban con desconsuelo y sus gemidos y sus llantos eran desgarradores.


A solidariedade coas familias dos falecidos non se fixo esperar e, en Pontevedra, abriuse unha subscrición facendo notar que, se ben o viúvo non quedaba nunha situación desamparada en canto a recursos para vivir, as viúvas e orfos quedan en la situación más deplorable y triste. Los dos muertos eran trabajadores que sostenían a sus familias con el producto de su exiuo jornal. Manuel Becerra Armesto, presidente da Liga de Contribuyentes e dono do pazo de Gandarón, visita as familias e entrega 25 pesetas a cada viúva e 10 reais a cada un dos fillos do viúvo. Eduardo Vincenti, xenro de Montero Ríos, deputado e director xeral de instrucción, anótase á subscrición de 200 pesetas

Algúns xornais piden a liberdade dos detidos e non se explican por que os gardas civís non están sometidos a consello de guerra.O xornal católico de Tui La Integridad de a nova de que unha irmá da falecida agravou tanto a enfermidade que padecía que deixou de existir pouco despois de saber da morte de Manuela:¡Que inmensa desgracia!Una hermana muerta violentamente el martes, otra fallecida anteayer, otra con un tiro en la cara y otra herida en la cabeza de un culatazo. De cuatro hermanas, dos muertas y dos heridas. O mesmo xornal conta que en Pontevedra tiñan lugar acalorados debates e todos consideraban que deberan aburrir moito a labradores tan pacíficos para que adoptaran aquela actitude rebelde, sobre todo tendo en conta que aqueles honrados labradores eran dos máis puntuais no pago de contribucións e impostos.


A corporación municipal pontevedresa, presidida polo alcalde Víctor de Mendoza, reúnese en sesión extraordinaria e acorda nomear unha comisión que depure os feitos, lamentar o sucedido asociándose ao sentimento dos veciños de Salcedo e da poboación en xeral, así como mandar un telegrama ao ministro de Facenda no que fan ver que os feitos son consecuencia inevitable da imposibilidade dos campesiños para soportar o imposto das cédulas, as deficiencias do regulamento e a forma de facer a cobranza, o que facía temer a repetición dos sucesos.


O Diario de Pontevedra esixe que se persigan os abusos e ilegalidades e manifiesta o seu asombro polo que está sucedendo: Hay sometidos a la acción de los Tribunales, están presos en la cárcel, no los cobradores de las cédulas, no los guardias civiles que dispararon sus fusiles contra hombres sin armas y mujeres con niños. Están bajo la acción de la Justicia, están guardados por carceleros y encerrados tras rejas los seis labradores que a raíz de los funestos acontecimientos se han presentado ante el piadoso Juzgado de Instrucción a dar cuenta de que habían sido muertos varios de sus hermanos y convecinos.


As críticas xornalísticas non sentaron ben ás autoridades xudiciais e foron chamados a declar ma Audiencia varios directores: José Millán de la Correspondencia Gallega, Valentín Peña de La Unión Republicana e Hipólito Codesido de El Criterio Gallego.


O fiscal pide que se deixe sen efecto o procesamento dos detidos e que se poñan en liberdade os presos, pois non resulan cargos contra eles e si contra a Guardia Civil por facer uso das armas. A Guardia Civil envía a Pontevedra ao coronel subinspector e ao xeneral La Portilla, secretario da dirección xeral.

heroes do campo da porta

A repercusión destes sucesos acada dimensión estatal: o deputado conservador Raimundo Fernández Villaverde anuncia unha interpelación ao goberno e anticipa a opinión de que no motín , aínda que os gardas civís agrediron á multitude, o verdadeiro culpable era o gobernador civil por non saber evitar a colisión. Eduardo Vincenti, do partido liberal, que estaba no goberno, pide a comparecencia do gobernador para que explique o ocorrido, que o ministro de Facenda instrúa expediente á compañía arrendataria das cédulas persoais e que se adopten medidas para que o importe se reparta equitativamente en toda España.aproveita para sacar rendemento político da sús postura e telegrafía ao alcalde para dar conta da súa petición ao ministro de Facenda para que se plantexase o imposto en relación e harmonía entre veciños e Facenda, pois así gañarían todos e non se perturbaría a paz pública.


O deputado republicano Nicolás Salmerón da lectura a un telegrama dos seus correlixionarios pontevedreses José Amil e Emilio Couto, di que se trata dun verdadeiro asasinato, pide que se impoña castigo aos culpables e censura o sistema de arrendamento de impostos. O ministro de Gobernación Alberto Aguilera ofrece a versión oficial, afirma que se trata dun motín e que os gardas dispararon para repeler a agresión, recoñece que o gobernador incorreu en deficiencia por non acudir a Salcedo e promete depurar os feitos e facer xustiza.


Como vemos, tanto a prensa como os políticos conservadores aproveitan a ocasión para saldar contas contra os liberais, agora no goberno, polaactitude daqueles, cando estaban na oposición , con  motivo dos motíns pontevedreses do 92.


Todo apunta á existencia dun certo grao de organización entre os labradores de Salcedo con anterioridade aos feitos que relatamos: hai novas de que os abusos foran denunciados con anteriridade na delegación de Facenda, pero non foran escoitados en virtud de que la queja formulada había sido hecha colectivamente, en vez de entablarla cada contribuyente por separado.; por outra banda, publícanse insinuacións sobre que a idea de resistirse a pagar as cédulas era debida ás excitaciones y manejos de los republicanos, pero estos lo niegan rotundamente. Non debemos esquecer que a pioneira sociedade de agricultores de Lérez foi fundada por republicanos con Valentín Peña á cabeza e o Centro Republicano pontevedrés fundárase en agosto de 1891.


O máis probable é que as primeiras sociedades de agricultore (Lérez, Marcón, Salcedo…) funcionasen de feito, polo menos de xeito incipiente, antes de data da súa constitución legal e que figura no rexistro de asociacións, pois debemos ter en conta que antes da formulación dos estatutos, presentación no goberno civil e legalización definitiva, podía pasar bastante  tempo pois tiña que constituírse unha comisión organizadora que levase a cabo o proceso de afiliación e redacción do regilamento, máxime se , ao mesmo tempo, tiña que soportar as trabas dos caciques da parroquia.


No ano 1895 os tribunais autorizan a execución dos embargos o que debeu influír para que se tomase conciencia da necesidade de organizarse legalmente, como a mellor forma de resistir e loitar contra as arbitrariedades; seguíase así o exemplo do movemento obreiro pontevedrés, que sempre tivo moita relación coas sociedades agrarias.


Nunha semblanza, feita polo dirixente agrario Gumersindo Est-evez en 1935, sobre outro dos fundadores da sociedade de agricultores de Salcedo, Antonio Balchada Sousa, afírmase que traballou incesantemente, despois de organizala en 1892, para que o cacique non a derrubase porque con sus uñas de rapiña quería desbaratar a lo que no le convenía. En liña co escrito en parágrafos anteriores, relata os manexos caciquís: hacían de la justicia lo que querían, del Servicio idem de Contribuciones Consumos y por último Cédulas también; así que las sociedades eran el obstáculo más grande para ellos enriquecer y dominar así que los directivos eran perseguidos amenazados y acosados por las peores torturas. Antonio Balchada participou en numerosos mitins e tarefas de propaganda agraria, foi perseguido influíndo para que non tivera traballo como pintor, pero aprendeu o oficio de albanel para mantener su mujer e hijos que eran mártires por las ideas de su padre e remata : llevo la vida tan agitada en busca de la redención humana y sin tener aprecio de la labor por él realizada dejó de existir de entre nosotros  por la tuberculosis que lo arrebató a los cuarenta años lo mejor de su edad para la lucha.


A continuación faremos mención a algúns episodios da vida desta sociedade ata 1936.
Unha constante nos pronunciamentos das sociedades é o anticlericalismo pois a práctica totalidade dos curas opoñíanse ao asociacionismo agrario non confesional: no ano 1898, un grupo de sociedades e entre elas a de Salcedo, publica en la Unión Republicana un manifiesto que desatou unha virulenta campaña dende o xornal ultracatólico El Áncora, coa pluma de Hermenegildo Calvelo: Desde el momento en que vuestras sociedades combaten a la iglesia dejan de ser sociedades de agricultores para convertirse en sucursal organizada de la impiedad y de le revolución . Chama a atención do gobernador e fiscal sobre a exitencia de sociedades que oprimen aos débiles, abusan da miseria e empregan a forza e a violencia contra veciños sen influencia nin poder pero, si mañana llegaran a adquirir vigorosa organización ¿no opromrían también a fuertes, no abusarían de los poderosos, no emplearían la violencia contra los poderes constituídos? Diantedos ataques, asociedade de Salcedo é unha das que dá marcha atrás nas críticas e afirma as súas creencias católicas, apostílicas e romanas. Pero en 1920, esta sociedade declara o más riguroso boicot por la informalidad de dicho señor cura porque, despois de chegar a un acordo coa sociedade e aprobar os planos de ampliación do cemiterio, ahora resulta que nada de lo tratado es válido y el señor cura se cisca, como si tal cosa, hasta en su misma palabra Deixa de celebrarse a festa de santa Rita como consecuencia da ruptura de relacións y no tardará mucho sin que la sociedad humille la soberbia de este pater que aún se cree en los tiempos de María Castaña.


Nas eleccións municipais de 1901 formouse unha coalición anticaciquil no distrito de Salcedo-Lourizán composta por liberais, republianos, socialistas e conservadores de Mon e na que, aparet os candidatos , todos de arraigo y prestigio en Salcedo, traballarían asociacións obreiras. Saíron elexidos Antonio Casas, José Salgueiro, Luis Boullosa e Juan Montes Filgueira. Tiña como finalidade a reorganización da sociedade de Salcedo que, igual que outras, estaba aletargada debido á crise do movemento agrario no ano 17 como consecuencia das dificultades postas polas autoridades e aos manexos do caciquismo; os oradores animaron aos agricultores para que non fixesen caso a extrañas tutelas e desen vida á sociedade para ingresar na federación. Entre as vantaxes que terían estaría a de levar ao concello e á deputación a xente honrada en vez dos despilfarradores actuales e,ao estar organizados, poderían sumarse á loita contra os foros. Constitúese unha nova directiva: Presinte, Alberto Malvar;vicepresidente, Ricardo García; contador, Antonio Couso; tesoureiro, Manuel Arosa; secretario, José González; vicesecretario, Alejandro Malvar e vogais, Secundino Acuña, Francisco Vilas e Manuel Suárez.


En xuño  de 1920 constitúese, no Centro Obreiro, a Federación agrícola provincial integarda polas sociedades de Mourente, Bora, Marcón, Tomeza, Salcedo, Lérez, Alba, Cerponzóns, Campañó, Poio, Xeve; Verducido;Tourón Ardán, Dorrón, Bértola e Figueirido;na súa directiva figura algún veciño de Salcedo. A composición é a seguinte: Presidente, José Rey Durán; vicepresidente, Dionisio Quintillán; secretario e tesoreiro, José Viñas;vicesecretario, Gastón Rey;secretario de actas, Víctor Acuña e vogais:Víctor Moldes, Manuel López, Gumersindo Estévez, Celestino Arosa, Juan Romero e Manuel Fondevila. A administración política é clara pois, aparte do saúdo aos compañeiros da UGT e partido socialista así como aos que foron condenados por delitos políticos e sociais, cosigna nos estatutos que marchará de acordo coa táctica e orientacións do PSOE.No xornal socialista Nueva Aurora coméntase:Era una necesidad grande que los agricultores diesen a su organización un sentido genuinamente socialista para contrarrestar la de esos borregatos católicos que dirigen los curas y prestamistas en algunas parroquias, haciéndoles ver que hay que sufrir aquí todas las amarguras para alcanzar en el otro viaje el cielo pero ellos ya lo disfrutan aquí por adelantado, en buena opípara mesa y rodeados de fastuosidades.


Agrarios de Salcedo teñen destacada participación en mitins: o primeiro de maio de 1902, no Teatro do Liceo, ás nove e media da mañá, intervén representand aos agricultores de Salcedo Antonio Balchafa Sousa. En 1903 varias sociedades pontevedresas asisten a un mitin en Salcedo para solidarizarse contra os atropelos do cacique e que foi prohibido pola autoridade gobernativa por saltar a orde do día; na reunión , presidida por Martín Lucas, estaban presentes dirixentes republicanos e membros da Federación Obreira. Os participantes realizaron unha manifestación de protesta ata o centro de Pontevedra na que se deron gritos de Morra o caciquismo. No mitin antiforal do 29 de novembro de 1908 aparece como presidente do comité executivo provincial José Suárez (de Salcedo). O 9 de abril de 1911, día de ramos, ten lugar en Campolongo (Salcedo) unha reunión de sociedades agrarias e obreiras para protestar contra a venda de viños adulterados y nocivos e piden medidas que eviten a desaparición dos viños do pais a mans de industriais desaprensivos que enriquecen a costa de la salud de los consumidores y el hambre de los labradores. Alertan de que se corre o perigo de ter que regae as terras con el vino puro, con el vino que es de verdadera uva; porque es de poco aguante y poca cubierta, mientras que al nocivo le dan la cubierta que le dan la gana, haciéndolo al paladar del consumidor; y ese se despacha; y si ese se vende, el verdadero vino queda para guisar jureles, marchando por ese camino a la ruina y a la miseria más espantosa.(La Libertad, 1-4-11)


Juan Torres, da sociedade de Salcedo, preside en 1914 un mitin no que Ramón Abilleira, histórico dirixente agrario de Lérez, pide que sexa o municipio quen administre os arbitrios sen poñelos en mans estrañas que suelen ser crueles con el público y dan lugar a sucesos sangrientos como los ocurridos hace años en el Burgo y Salcedo.


No congreso da Federación Agraria Comarcal, celebrado o 25 e 26 de maio de 1935, no que exerceron como vicepresidente José Acuña Gallego e de secretario Francisco Fernández Blanco, ambos veciños de Salcedo, pídese unha amnistía para procesos polítocos e sociais, levar a cabo unha campaña para anular o tratado comercial con Uruguai e Arxentina e prohibir as importacións de carne conxelada e a rebaixa do 50% nas contribucións, entre outras medidas.


Aparecen tamén as referencias á adquisición en Vigo, por parte desta sociedade, de diversas cantidades de sulfato de cobre e de xofre, como medio para conseguir que os asociados tivesen prezos económicos (El Proletario, 1-5-1898). No ano 1912, nunha reunión da Federación Agrícola Provincial, tamén se trata da convenienciada adquisición conxunta destes produtos e pídese que as leiteiras usen as medidas que marca a lei; os representantes de Salcedo son Suárez Torres e Freijo. Este tipo de prácticas eran comúns a estas sociedades así como a existencia de cooperativas de consumo e a venda de excedentes, singularmente de viño; o exemplo sobranceiro é a Caja Rural de Lérez, ligada á sociedade de agricultores daquela parroquia.


Era habitual o posicionamento sobre asuntos que se apartaban dos temas relacionados co campo, así foi o pronunciamento que fan numerosas organizacións pontevedresas sobre os sucesos de Montjuich e no que asignan en representación dos agricultores de Salcedo, Lorenzo, Carballo e Gabriel Otero. As sociedades tam,en realizaban labores de arbitraxe e mediación nas diferencias entre veciños;esta actualización foi tratada nun mitin celebrado en 1920 en Lérez; nel aconsellouse que as diferencias sean dirimidas en el seno de sus sociedades respectivas, toda vez que nadie más que ellos, por medio de comisiones nombradas al efecto, pueden arreglarlas dentro de un espíritu de completa imparcialidad y justicia, evitando así el tener que acudir a los Juzgados, acompañados de esos caciques –que son como la plaga de la langosta-perdiendo días de trabajo y gastando el dinero. No caso de Salcedo atopamos un documento de 1935 no que se achega a un acordo por motivos de servizo de augas para regar millo nas fincas co manancial de Cancela ou Balada.


Temos constancia da existencia dunha Sociedad de Defensa y Protección de las Propiedades Agrícolas de Salcedo (fundada en maio de 1931), moi relacionada coa sociedade de agricultores;nun escrito asinado polo seu presidente Gumersindo Estévez o 9 de novembro de 1935, notifícase á sociedade agraria que, despois de denuniar danos producidos polas vacas dun veciño e de varias suspensións do xuizo, aparecían agora dous “testijos fosistas” que declaraban que o día que o garda da sociedade de defensa colleu facendo os danos co gando ás criadas dun tal Peleteiro, estas estábanse curando polo médico Víctor Lis; tamén apareceran outras testemuñas para declarar o mesmo “así que vereis aue gente tenemos en esta parroquia; no pudieron conseguir que no tuviéramos guardia y ahora se vengan de esa forma. Despídese cun significativo V. y de la C.(Vuestro y de la Causa)


O 24 de abril de 1932 ten lugar a presentación dunha bandeira da sociedade, no acto falaron Araceli Dobarro Vidal, Alfonso Guillán Abalo, Roberto Panero Fernández, Manuel Rey Vázquez e Luis de Sáa Bravo; a maioría eran mestres e militantes destacados das Xuventudes Socialistas.


A estas alturas da década dos trinta, a confrontación entre dereitas e esquerdas era alta e a  parroquia de  Salcedo era unha boa mostra: chegou a formarse unha Sociedade Agraria Antimarxista, impulsada polos homes próximos a Víctor Lis e á que o xornal El País (7-2-1936) se refire do seguinye xeito: existe una sedicente Sociedad Agraria inspirada en el credo fascistoide que fue engendrada por unos individuos insolventes, con el único objeto de reducir por hambre y conquistar a la antigua sociedad de agricultores, de significación proletaria que hace muchos años  está constituída. Sinala como un dos organizadores o fillo dun vello cacique de Salcedo e continúa: Ese joven anormal está a  las órdenes inmediatas de Víctor Lis en Pontevedra; y Víctor Lis a las de Honorio Maura en Madrid y Honorio Maura a los de Alfonso XIII de Borbón “El Sangriento”. Conclúe que os patrocinadores son os monárquicos los viejos asesinos de Sobredo, los auténticos representantes de los foristas; son la España negra,  la España feudal, la España clerical y militarista que ha desangrado durante siglos las más preciosa energías del pueblo español.


O un de marzo de 1936 a sociedade de Salcedo organizou un festival campestre para celebrar o triunfo electoral da Fronte Popular. O programa de actos era ben curioso, con actividades como o percorrido pola parroquia de gaiteiros tocando dianas y alboradas de un marcado sabor izquierdista, a banda de música de Arcade facía a entrada no campo da festa aos acordes  de La Internacional e do Himno de Riego, un concerto polifónico a cargo de “Los Chuchipandistas antifascistas” e as interpretacións de José Peón cos monólogos “el estraperlo”,”El golfo de Méjico” e “El último pirata”, títulos que agochan aos políticos do partido Radical, Alejandro Lerroux, e Emiliano Iglesias e o banqueiro Juan March. O acto rematou cun recitado de poemas.


Logo do golpe militar de xullo de 1936, a represión cébase nos menmbros das organizacións próximas á Fronte Popular; os bens da sociedade de agricultores son incautados e figuran co nº30 no expediente de responsabilidades políticas procedentes de entidades marxistas. A súa bandeira foi agochada e consérvase na actualidade. Moitos directivos membros destacados sufriron persecución e cárcere e algúns pagaron coa vida o seu compromiso. A xeito de exemplo trataremos o sucedido con dous destes dirixentes: Francisco Fernández Blanco “Sacheiro” era camareiro de Savoy, de militancia comunista e secretario da Federación Comarcal Agraria, representando a esta interveu no mitin do 1º de maio de 1936, que estaba presidido polo vicepresidente da federación local de traballadores e tamén veciño de Salcedo, Rogelio González Suárez. “Sacheiro” dirixiu duros ataques ao capitalismo e pronunciouse contra o imposto sobre as pragas do campo, que agravaba aínda máis a precaria situación do agro galego. Afirmou que non era o momento de facer discursos floridos senón de organizarse para dar a batida final e que con los emblemas del trabajo que figuran en la bandera proletaria aplastaremos y segaremos la cabeza del odioso capitalismo e implantaremso nuestro gobierno obrero y campesino. Toma parte activa na defensa do concello pontevedrés cndo o golpe e foi un dos oradores que se dirixíu, dende o balcón do concello, á xente alí congregada proclamando que,se saíse O exército á rúa, era necesario loitar dando o peito, rematou a intervención con gritos de ¡Viva el comunismo! e ¡Viva la revolución!. Foi “paseado” o 7 de setembro do 36. Outro dirixente agrario importante foi José Acuña Gallego, vicepresidente do comité organizador do congreso agrario de 1935 e concelleiro pontevedrés pola candidatura agraria-obreira en 1931. Foi “paseado”o 24 de agosto do 36 aparecendo o seu cadáver en Ponte sampaio.


A directiva nos anos trinta da Sociedade de Agricultores de Salcedo estaba formada por:

 

Sirvan estas páxinas como lembranza e homenaxe aos agricultores de Salcedo cando se cumpren 120 anos dos tristes sucesos do Campo da Porta.

 

ANOS 50 DO PASADO SÉCULO. CONFLITO NO MONTE SAN MARTIÑO.

A pretensión da Diputación a través da Escola de Capataces de Lourizán de experimentar no monte de San Martiño (zona de Muimenta), a plantación de  especies invasoras, provoca un conflito cos veciños de Armada, Campo da Porta, Muimenta e Casal que ven como lle pechan o monte comunal con postes e arame de espiño, impedíndolle o pastoreo do gando, o aproveitamento de toxo e leña, (recursos imprescindibles naqueles tempos para subsistir a maioría dos veciños) e o paso das persoas, ( leiteiras e obreiros de camiño a Marín), que se ben obrigados a  subir unhas escaleiras para saltar o peche de arame. Dos enfrontamentos entre veciños e Garda Civil, é detida durante 72 horas a veciña  Cipriana Carabelos Farto.


Ca loita dos veciños guiados por Segundo Pastoriza Peón, se logra desfacer o peche, metendo o gando na zona e recuperar a propiedade do monte. En este conflito, foron sancionados con multas de  ata 2.500 pesetas, Isidoro Veiga Solla, Rogelio Barcala Vilanova, José Ruibal e Leodoro Suárez Cochón.

 

ANOS 1973 A 1981.CONFLITO AUTOESTRADA DO ATLÁNTICO.

Neste período, xurde outro importante conflito na Parroquia de Salcedo debido a construción da “Autopista do Atlántico” o paso polos lugares de Esculca, Carramal,  Cruceiro, Carballo do Pazo, Sixtro e a Ruibal.

Arturo Estevez Rodríguez foi en este conflito como en tantos outros, un destacado defensor dos dereitos e reivindicacións do pobo. Queremos agradecerlle o que nos aportara para esta Web, o seu relato histórico sobre todos acontecementos que tiveron lugar en ese negro período da nosa historia,  no que non era doado enfrontarse directamente o aparato represor da ditadura franquista. Sirva o seu relato como lembranza e homenaxe a todas persoas que loitaron nese conflito defendendo os dereitos as liberdades e a xustiza.

 A AUTOESTRADA DO ATLÁNTICO, UNHA NAVALLADA DO CAPITAL
Este é o lema da primeira pegatina contra a autoestrada do atlántico, feita pola coordina­dora nacional de afectados. Temos que subliñar q todo o desenrolo da nosa terra, come­zou co denominado plan director xeral de Galiza. Plan feito en Madrid, pensando uni­camente nuns cantos beneficios para os grandes monopolios. O citado plan contaba cun eixo central e decisivo como era a autoestrada. Dun xeito similar como empregou Hitler para a invasión de Europa. Inda que neste caso foi unha invasión de modelo de desenrolo e rapiña financeira. O devandito plan articulaba arredor da autoestrada, cinco fabricas de celulosa, unha nuclear e dúas térmicas, ademais saídas pagadas por nós para a Brilat e centros comerciais.


Tendo en conta que daquela e agora mesmo a poboación atópase espallada en núcleos moi indefinidos e pouco distantes, e sabendo q o noso territorio e moi montañoso, e este tipo de vías non permiten curvas nin desniveis, co prexuízo causado por ir valada e afectar mais de 300 metros do seu entorno. Inda que consideramos necesario outro tipo de vías de comunicación, mais baratas, e sen custe directo para os usuarios, con menor presuposto e socialmente menos prexudicial.


Lamentablemente, o tempo demostrou o acertado das nosas opinións, xa que hoxe case corenta anos despois a poboación, como nós dixemos concentrouse a vivir en vilas e cida­des preto da autoestrada, mentres no interior de Galicia a despoboación e endémica. Para sí obrigar aos seus habitantes estar mais preto dos lugares de consumo, rematando cunha economía mixta e de autoconsumo que lamentablemente desapareceu.


Despois deste pequeno limiar, quixera referirme mais concretamente a nosa parroquia, Salcedo, xérmolo sen dúbida da coordinadora nacional de afectados pola autoestrada. Toda esta loita non sería posible, sen a participación dos veciños e sobre todo das veciñas de Salcedo, enfrontándose as forzas represivas, a chamada das bombas de palenque empre­gadas para poñer sobre aviso a todo o pobo.


Tendo en conta, que a loita contra a autoestrada do atlántico, prolongouse durante mais dunha década, estabamos enfrontando ao inimigo mais importante, o capital, comandado aquí polos Garrigues Walker, que tiña na sombra ao capital norteamericano dos Rocheffe­ler, curiosamente Joaquín Garrigues, era por “casualidade” o ministro de obras públicas, pénsase que so no movemento de terras, a subcontratas cobraban 50 pesetas, cando o estado pagaba por cada metro cúbico xustamente o dobre, de aí a suculencia do negocio.


As primeiras constancias da barbarie, foron coñecidas por parte dun grupo de xóvenes da parroquia que comezaron a recabar información. Primeiramente crearon unha aso­ciación de veciños da parroquia. A través desta AAVV botaron a baixo a asociación de afectados montada e controlada pola propia empresa. Para posteriormente contactar con técnicos, arquitectos, enxeñeiros, avogados, para que os asesorasen, logo, organizouse mais amplamente dende Tui ata Ferrol recorrendo parroquia a parroquia e falando cos párrocos e coa xente á saída da misa; a Coordinadora Nacional de Afectados pola Autoes­trada. Falando tamén cos sindicatos, partidos, cámaras agrarias, etc., todo elo posibilitou un dos movementos populares mais importantes da nosa terra.


Despois tomouse a iniciativa de ir unha comisión a Madrid, xunto cos de Vilaboa, a mes­ma estaba composta por Manuel Fresco Reboredo (cura de San Adrián) home bo e irre­petible, ademais Xosé Patricio Recaman, posteriormente represaliado, un tal Claudio de
Vilaboa e por Salcedo, o seu párroco, Luis Alcántara Pedreira e Edelmiro Dominguez da Pena, tamén represaliado.


Coa creación da dita coordinadora foi sen dúbida a ferramenta mais importante para comezar o enfrentramento co inimigo, que si non o remediabamos acabaría coa nosa parroquia. Esta coordinarora facia súa xuntanza tódolos domingos pola maña, no co­lexio médico en Santiago de Compostela, alí, tódalas parroquias representadas do trazado preparaban as tarefas e iniciativas que desenrolaban a nosa loita cotiá. Todo elo co apoio inesquecible de César Portela, Arturo Soria, Fernando Nebot, Daniel Pino, Modesto Bar­cia, Salvador Tarragó, Henrique Aller, Lois Mariño, Lorenzo Soler, Anna Turbao, técnicos e amigos que axudaron a nosa xusta loita.


No ano 1978, no lugar da Esculca, nun enfrentamento verbal dos veciños reclamando os seus dereitos, foron masacrados vilmente Julio González Preón de 16 anos, coa pérda dun ollo, cando ía a traballar e acudiu a socorrer a un veciño ferido; Benito Acuña, cun pelotazo de goma nunha ingua; Luís Acuña, cun pelotazo no peito, que puxo en perigo a súa vida; e así tamén os demais veciños Benigna Acuña Pazos, 60 anos; María Pilar Gaspar Acuña, 39 anos; María Herminia Acuña Filgueira, 60 anos; Sofía Acuña Iglesias, 33 anos; Carmen Regueira Farto, 23 anos; Xosé Blanco Agulla, 47 anos; Benito Acuña Iglesias, 45 anos; Erundina Acuña Iglesias, 28 anos.


No mesmo ano, un grupo de mil veciños de Vilaboa e Salcedo, cortaron a estrada nacio­nal 550 no lugar do Toural, en Vilaboa e pararon ao ministro de obras públicas Leopoldo Calvo Sotelo, que posteriormente sería presidente do Estado Español, isto xunto con moi­tísimas mais accións e enfrontamentos coa concesionaria e demáis acólitos, desembocou nunha manifestación en Pontevedra de varios milleiros de persoas, sendo, a mais impor­tante dende a morte do ditador.


Hoxe, lembro con nostalxia cando os vellos e sufridos camaradas que pasaron pola gue­rra, moitos posteriormente encadeados, acudían con nós a Santiago de Compostela ás xuntanzas participando nas asembleas, dando estímulo, experiencia e agarimo ás nosas inquedanzas, Xosé Nuñez, Francisco “O Corruncho”, Emilio Méndez, “O Colete”, Guiller­mo Pintos, Enrique Novexil, a súa dona Benigna Orozco, que foi quen de presentar, nos anos 30, nun mitin a Dolores Uribarri “A Pasionaria” dirixente do partido comunista de España, Jesús Lage, José Orozco, sentindo que deixo algún atrás, sen esquecerme de Juan “O Pascasio” nativo do Carramal, inda que veciño de Figueirido.


Debido a estes constantes enfrontamentos, rodas de prensa, carteis, panfletos, pintadas, paralización de máquinas e sabotaxes. Tivo como consecuencia un feito autenticamente histórico, como foi a paralización da construción da autoestrada do atlántico durante mais de 2 anos.


Subliñar tamén, que un grupo de veciños de Vilaboa e Salcedo, foron a Madrid ao senado convidados polo senador Francisco Javier Yuste Grijalba, pagado o viaxe, polo concello de Pontevedra. No pleno, os veciños foron expulsados cando interviña o ministro Joaquín Garrigues, berrándolle que el era un dos donos e promotores da autoestrada.

Foi importante a aportación do grupo ecoloxista C.I.E.S., no ano 1977 na ocupación de terras na Ruibal, concretamente coñecido polas Nogueiras, a mellor terra da parroquia, hoxe desaparecida polo famoso nudo da Ruibal, na devandita ocupación e coa interven­ción dun numeroso grupo de guardia civiles, detiveron a un veciño por fotografar os acontecementos, e inmediatamente liberado polas mulleres do lugar “Chicha”, Carmen, Emilia, Celia, Pila, Aurora, que foi quen escondeu a cámara, Ortensia, Maruja, Elena, e moitas mais; pero que a historia debería reflexar algún día, tamén as mulleres do Carramal e a Esculca. Neste mismo ano, rodouse a película “Autopista do atlántico, unha navallada do capital”, tamén varias exposicións itinerantes de fotografías da desfeita.


No ano 79, despois de atoparse parada a autoestrada e os veciños sen vender, ocorre que para poder entrar na Ruibal, o goberno esixe que teñan algunha finca en propiedade. Isto lograno, cando a familia Cochón, vendeu. Novos enfrontamentos coa garda civil e técni­cos da concesionaria, produciron que o avogado mais importante da mesma, chamado Abelairas, fose tirado na lama entre grandes gargalladas dos veciños alí presentes.


Nese mesmo ano, na parroquia de Santa Cristina, concello de Vilaboa, ó berro das mulleres “Vamos a poñelos en pelotas”, o único notario de Pontevedra, que tiña o seu despacho na estación vella, hoxe Praza de Galicia, escapou a todo correr das mulleres que o perseguían, montando nun taxi. Neste concello destacaron personaxes como Antón Bertolo Losada; tamén represaliado: José Patricio Recaman, represaliado; Luís Calvar Puga, represaliado; seu irmán Cesáreo Calvar; Xosé Luís Alvariñas; Luciano Prego San Jorge, represaliado.


Xa nos anos 80 e coa autoestrada semiparalizada, o poder decide dar un golpe de man, detendo a un montón de xente do movemento social e político galego. Os que mandaban xogábanse moito, xa que, existían varios frontes abertos, a autoestrada, os encoros, as ce­lulosas, central nuclear de Xove, e a recuperación dos montes comunais.


Este descabezamento do movemento popular tivo como consecuencia o remate da cons­trución da autoestrada do atlántico. Algún dos detidos das parroquias, grupos ecoloxistas e políticos eran quen dirixían a maioría das loitas.


Continuando no punto das detencións, en Salcedo foron detidos Edelmiro Dominguez da Pena, e Arturo Estévez Rodríguez, con peticións fiscais de 30 anos, inda que finalmente, ambolos dous foron absoltos e declarados inocentes, pero nunca indemnizados, ou des­culpados pola inxustiza con eles cometida. De calquera xeito este feito, xa histórico, ao menos no tempo, mereceu a pena vivilo, e ademáis lembrando a Xosé Afonso, “O POBO É QUEN MAIS ORDENA”.

Nesta procura da defensa da nosa parroquia conseguironse moitas cousas. Cando come­zaron as expropiacións, na Esculca pagaban a 40 céntimos de pesetas o metro cadrado, ó final na Ruibal remataron pagando 4500 pesetas o metro cadrado. Quitaron os tubos de paso de debaixo da autoestrada, algún como o de Ríomaior, entre Santa Cristina e San Adrián, de mais de 100 metros de longo, poñendo no seu lugar, estradas soterradas am­plas. Instalaron tamén, pasos a nivel, pontes e pasos de auga elevados. Na Esculca cons­truiron unha ponte mais, para tapar a vergoña da primeira, evitouse o desprazamento da estrada da Ruibal, que levaba varias casas e facía moitísimo dano, construiron unha ponte moi mellorada no lugar da Torre, ademáis de múltiples lavadoiros e depósitos de auga. Esta autoestrada é, sen dúbida, a mellor comunicada entre ambas márxenes de toda Euro­pa. Foi e é un exemplo para moitos.


Para remate, dicir que a unidade dos veciños e a importancia do común; esta etapa da historia da nosa parroquia, de algo que nunca debeu suceder, e con todo, mereceu a pena vivilo.
Na memoria de Xosé Núñez Montes, “O Xusticia”.

 

 

ANO 1995. CONFLITO DO SANEAMENTO

No ano 1995,  o Concello de Pontevedra inicia as obras de saneamento para a Base Militar Xeneral Morillo,  descorrendo toda a canalización pola parroquia de Salcedo  e deixando os veciños fora do proxecto. Isto provocou unha reacción veciñal de mobilizacións que coordinada pola Asociación de Veciños Heroes de Campo da Porta, conseguiu  deter as obras ata que se contemplaran no proxecto o saneamento pos veciños. A loita non foi doada, pero a presión do pobo fixo posible que se aceptara a conexión como demandaban os veciños e Salcedo foi a primeira Parroquia do Concello con rede secundaria de saneamento para case todos casas.

CONFLITA ALCANTARILLADO

 

 

ANO 2008. CONFLITO co ministerio de defensa

Podemos afirmar sen ningunha dubida, que este conflito foi o máis importante vivido na Parroquia de Salcedo. A determinación dos  veciños de enfrontarse o Ministerio de Defensa polas medidas adoptadas contra as súas propiedades particulares e as obras ilegais no monte veciñal, ocupado por soldados da Brilat  (Base Xeneral Morillo), debe ser un referente na loita do movemento veciñal en canto a defensa dos dereitos e liberdades do pobo.

Este conflito se significou pola gran participación nas mobilizacións organizadas polos  veciños, pola gran solidarizade de entidades e cidadáns en apoio das reivindicacións veciñais, polo importante debate creado entre as forzas políticas, polo gran desprego informativo  durante todo o proceso e sobre todo polo resultado final. Conseguir derrogar unha Orde Ministerial sobre unha Franxa de Seguridade da Base Militar e unha Sentencia Xudicial  Firme sobre a propiedade do Monte Veciñal a favor dos comuneiros.


Dado que se trata de un conflito recente e moi difundido a través dos medios de comunicación, queremos con este sintetizado relato, agradecer a toas persoas que entenderon e apoiaron a nosa loita e o seu esforzo desinteresado cos veciños de Salcedo.

O 16 de setembro do ano 2008 o  Ministerio de Defensa, sendo ministra Carmen Chacón, dita unha Orde de Defensa que determina unha zona de seguridade próxima para a Base Xeneral Morillo  (Brilat), de 300 metros   do perímetro do monte comunal usurpado ós veciños nos anos 1985 e 1966. Esta Orde afectaba a máis de  105 vivendas dos veciños de Birrete, Armada, Navalexo , Muimenta e Casal e a 500 Ha. de terreo de propiedades particulares  comprendidas nese perímetro. O regulamento destas franxas de seguridade se remontan o ano 1978 e di no seu Art. 12. 1;  en las Zona próximas de seguridad no podrán realizarse, sin autorización del Ministerio de Defensa, obras, trabajos, instalacións o actividades de clase alguna.

MAPA FRANXA


A prepotencia con que os militares  viñan ocupando o monte nos últimos anos, como era o dimensionado da Base, o  peche do perímetro comunal con aramado de espiño, o impedimento os veciños de  andar polo monte, o  iniciou das obras de escavacións ilegais na zona do monte máis próxima as casas de Armada e Muimenta, para a construción do que chamaron “poboado urbano e aldea afgana”,  obras que  causan a desfeita do seu estado natural  o non ter en  conta o patrimonio arqueolóxico da zona como era a mámoa de Louredo destruída nas primeiras escavacións. Todo elo, derivou en continuos enfrontamentos entre veciños e militares, e fixo que chovera sobre mollado sobre os afectados. A reacción non se fixo esperar e se organiza un movemento de participación asemblearia por todos lugares afectados, promovendo a  creación dunha “Comisión contra a franxa de seguridade e as obras ilegais” que se integra na Asociación de Veciños Heroes de Campo da Porta.

 


A través desta Comisión composta por un importante número de veciños comuneiros e apoiada pola maioría dos veciños afectados, se levaron a cavo diariamente mobilizacións de protesta no propio monte contra as obras, concentracións e denuncias ante as administracións (Xunta , Concello, Patrimonio, Delegado do Goberno e de Defensa, Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, Parlamento de Galiza e Congreso dos Deputados),  destacando a concentración de veciños do 8 de decembro de 2008 ( día de festa militar na Brilat), diante da entrada a Base, na que se producen  enfrontamentos ca policía e militares infiltrados entre os veciños e a marcha –manifestación multitudinaria polo monte San Martiño o día 28 de xuño 2009, ca participación de veciños das parroquias afectadas de  Salcedo, Figueirido, Vilaboa, Lourizán e San Xulián,  representantes de outras entidades sociais e políticas, e moitos  cidadáns que se solidarizaron cos veciños contra a franxa de seguridade, as obras ilegais no monte e a defensa da propiedade comunal. Como diría nunha reunión  o entonces coronel  Fernández, responsable da  Base nesas datas, estas mobilizaciones, marcaron un antes y un  después en la solución del conflito.

 


Nas mobilizacións de protesta contra as obras ilegais no monte, resultaron sancionados economicamente con 800 € de multa o entonces portavoz da Comisión Fernando Pintos Pereira e o veciño da Armada Enrique Manuel Pérez Pintos  e na concentración do dia 8 sancionaron con 500 € de multa a 5 participantes polo feito de  de que as súas  caras eran coñecidas da policía por defender dereitos e liberdades de un pobo, todo elo acontece sendo  Subdelegado do Goberno o Sr. Delfín  Álvarez e Delegado para Galiza o Sr. Antón Louro.
Como todas mobilizacións que un pobo fai en defensa dos seus lexítimos  dereitos, estas lograron a modificación perimetral  da franxa de seguridade, como se recolle na Orde DEF/ 2050/2009, de 15  xullo. deixando fora da afectación a todas casas dos veciños afectados e a paralización das obras ilegais no monte, se ben estas estaban case rematadas.
Este empuxe de moral  veciñal ante os atropelos militares, os levou a dar un paso máis nas súas reivindicacións ante Defensa, ca reclamación xudicial da propiedade de 172 Ha. de monte roubado os veciños para uso militar. Así o 15 de novembro de 2010, unha nova Xunta Reitora da Comunidade de Montes presidida por Fernando Pintos presenta reclamación xudicial de 172 Ha. do Monte San Martiño, incluída a superficie de infraestruturas da Base. O 20 de setembro de 2011, o Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Pontevedra dita Sentencia favorable os veciños, declarando que los terreos son propiedad de la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Salcedo, por haberlas venido poseyendo como parte inseparable del Monte Vecinal “Común de San Martín” desde tiempo inmemorial. O 21 de decembro de 2012 a Audiencia Provincial de Pontevedra declara sentencia firme por auto a favor da Comunidade de Montes.

 


O 16 de Xulio de 2014 a Comunidade de Montes e o Ministerio de Defensa despois de un prolongado e tenso proceso de negociación, firman un convenio dondo previo pago de un canon económico anual os comuneiros ceden o uso temporal de 71,33 ha. de terreo comunal a Defensa para mantemento da Base Xeneral Morillo durante 75 anos, liberando o resto, (101ha.) para uso exclusivo da Comunidade. O convenio  recolle ademais, o desmantelamento de todos elementos de manobras militares na superficie liberada e a permuta de un enclavado propiedade de Defensa situado no centro do monte a un extremo do mesmo. Este acordo fai posible a total normalización da relación entre veciños e militares existindo actualmente un respecto mutuo entre as partes.

ACTUALMENTE

Actualmente se están desenvolvendo unha serie de actuacións encamiñadas a restauración e posta en valor dese espazo comunal e foron derribadas as obras ilegais de “aldea afgana”, “poboado urbano,”  “caseta de tiro” e se está no proceso de restauración da orografía do terreo do campo de tiro actual.