Presentación

Benvidos e benvidas ás Cabanas Prehistóricas do Outeiro das Mouras. Este proxecto de musealización desenvólvese pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo (Pontevedra) coa finalidade de crear un Centro de Interpretación sobre a prehistoria recente da parroquia, así como un espazo de actividades múltiples ao ar libre.

[ Ler máis ... ]

Como chegar

[ Ampliar mapa ]

 

 

O patrimonio que nos rodea

Que forma máis interactiva hai para amosar e recoñecer o noso pasado que integrarse na forma de vida das persoas que realizaron os gravados rupestres ou construíron as mámoas espalladas pola nosa contorna, que conta cun patrimonio arqueolóxico destacado, en Salcedo mesmo, como o conxunto rupestre do Outeiro das Mouras / A Chan das Mouras (Regato dos Buratos/Outeiro da Mina), con máis de 7 grupos de gravados ...

[ Ler máis ... ]

Materiais e recursos empregados na construción

O poboado construíuse a partir da información arqueolóxica e paleoambiental existente, a través dun exercicio de arqueoloxía experimental. Para a súa construción empregáronse os mesmos materiais efémeros utilizados nas construcións orixinais (madeira, palla, barro e materia vexetal en xeral); aínda que os materiais son perecedoiros construíronse para que a súa perdurabilidade sexa longa no tempo.

[ Ler máis ... ]

 

Cabana Comunal

Polas súas dimensións a estrutura foi reforzada cun sistema de columnas e vigas sobre as que descansan os durmintes do teito, restándolle peso á estrutura. O teito é a dúas augas cuberto cos mollos de xesta.

A casa dos Xamáns

Hai que imaxinar a cabana cos obxectos do/a xamán, útiles para comunicarse cos espíritos, para facer curacións, ou mesmo para acceder ao mundo do alén e propiciar a caza ou as boas colleitas.

 

As vivendas

Lugar de dormitorio e das escenas domésticas máis comúns, terían fogares centrais e mobiliario de uso común. Son outras das estruturas documentadas no rexistro arqueolóxico, pequenas estruturas circulares escavadas no chan para cimentar as súas paredes.

Espazos exteriores e de xestión/almacén

Como complemento do espazo exterior das cabanas construíronse diferentes elementos asociados coa sociedade dedicada á agricultura e gandería da Idade dos Metais.

Bibliografía

[ Consultar ... ]